Volver atrás

Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes

Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes

09 de xuño de 1968 A Coruña

Achega

Profesor titular da Universidade da Coruña, actualmente asume funcións de director do Observatorio do Teatro Galego e da colección dedicada ao teatro galego da Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor, da que é coordinador científico. É tamén vogal da Academia Galega de Teatro e membro da Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do Consello da Cultura Galega.

Ten participado como colaborador internacional da axencia portuguesa A3ES para a avaliación na área das artes performativas e en varios proxectos de recuperación do patrimonio teatral galego, de cuxa última edición é investigador principal.

Entre as súas publicacións figuran a biografía do director do Conservatorio Nacional de Arte Galega (1919), edicións de pezas esquecidas de dramaturgos galegos do século XX e volumes monográficos sobre a historia do teatro galego ou a Escola Dramática Galega. Alén diso, foi curador de exposicións sobre a actividade escénica da Galiza.

Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Podes personalizar a túa experiencia aquí. Se queres saber máis, le a nosa Política de Cookies

Nesta xanela podes configurar as cookies que queres aceptar. Lembra que en todo momento, podes acceder á nosa Política de Cookies