Acta fundacional da Asociación "Academia Galega de Teatro"
(Discurso da Presidenta da Academia Imma António Souto, lido no acto de constitución da AGT realizado en Rianxo o día 21 de outubro de 2017.)(Discurso da Presidenta da Academia Imma António Souto, lido no acto de constitución da AGT realizado en Rianxo o día 21 de outubro de 2017.)
No outono de 1990 a Asociación de Actores Directores e Técnicos de Escena de Galicia aprobaba e presentaba un documento que titulaba Necesidade dunha política teatral, no que se recollían moitas das reflexións e propostas da década anterior, que comezaba en 1978 coa presentación das primeiras compañías profesionais e que finalizaba coa celebración en Ferrol do “Primeiro Encontro do Teatro Profesional Galego” en xuño de 1988.
O 21 de Outubro un grupo de 17 persoas comprometidas co teatro do país fundamos a Academia Galega de Teatro...