19 / XUL / 2026

Laudatorio ditirámbico para Simón Os tempos son chegados! Hoxe non é un dÃa calquera, é o gran dÃa, o teu dÃa Antonio Francisco Simón Ãlvarez Pérez, longo nome para longa singradura. A túa, Antonio, sempre ligada a nós e ao Teatro Galego. Non podÃa ser doutra forma. Non cabÃan outras posibilidades. Era o destino, o teu destino, o noso destino. Isto tiña que ocorrer. Era cuestión de tempo. Só se necesitaba dunha institución como a Academia, a túa Academia, a do Teatro Galego e o empurrón amable, cariñoso e certeiro dunha Xunta Directiva coñecedora, eficaz, capaz, comprensiva, sabedora e defensora da nosa historia teatral, do noso teatro. E tiña que ocorrer aquà en Ribadavia, un dos lugares onde todo comezou. Aquà no espazo singular da MIT e de Abrente; daquel abrente que tanto significou en nós. Mais compre comezar como é debido, agradecendo que estas cousas pasen para que axuden, en boa medida, a paliar -por que non dicilo- certa e desprezable ignorancia cultural á que o Teatro Galego parece estar irremediablemente condenado. Por iso, unha vez máis en toda a nosa longa vida, queremos berrar, dicir aos catro ventos con voz alta e clara a túa valÃa, a túa capacidade, a túa arte, a túa dedicación, a túa constancia, a túa presenza, a túa amizade, o teu T E A T R O, asà con maiúsculas. Segue sendo necesario e de obrigado cumprimento. Coñecemos a Simón cando xa tiña andado grande parte do seu periplo teatral aló por mediados dos anos oitenta, cando as circunstancias o levaron a participar activamente no deseño das polÃticas teatrais da Xunta de Galicia e que concluÃron en sucesos que marcarÃan un antes e un despois na historiografÃa do Teatro Galego; de cando os diarios contaban as andanzas do subdirector xeral de teatro, cargo que nunca existiu pero que, dalgunha forma, exerciches; cando o teatro só saÃa -dicÃamos- nas páxinas dos sucesos. Hoxe nen iso. Haberá que volver ás orixes! Logo dese encontro, no que xurdiu voluntariamente a amizade, penso que xa puidemos atuarnos e co tempo fomos aprendendo Antonio ata saber que o asunto comezou antes de Troula, en Tranco, no Teatro Humanista Nuevo ASPASIA, No Teatro Esperpento-La picota, no Teatro Circo de Artesáns, en Tespis ou en Andrómena. E que seguiu despois de Troula, en Manivela e GalerÃa, como empresas propias; pero tamén en Teatro do Atlántico, Teatro do Noroeste, Artello Teatro, Teatro do Aquà ou en tempo máis recente en AvelaÃña Teatro. Tamén no Centro Dramático Galego, no Centro Dramático Nacional e na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia ou no Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana do Castelo e na CompañÃa de Teatro de Braga no veciño Portugal. HabÃa que dicilo, aÃnda que fose asà en sÃntese. Se cadra, haberÃa que dicir tamén no cinema e na televisión ou na dobraxe e aà aparecen: Lúa Films, CTV, TVG, Corazón Negro, Ãbrego Films, Desexo ou Trama; onde desenvolviches traballos de deseño, dirección, interpretación e produción. Pero quizás foi Troula o teu proxecto máis importante. Troula! Esa formación irreverentemente e necesaria na que deches corda longa a todas as túas creatividades, as que fuches forxando cos grandes mestres; co teu primo Leopoldo que che ensinou os segredos do espazo cando aÃnda eras un rapaz; con Xulio Lago, vagalume da escena, mestre de cerimonias vivas, encantador de almas e tradutor de vidas alleas coma ti; naqueles vosos primeiros anos teatrais independentes, contundentes, cheos de vida, ilusións e xuventude que transcorreron entre A Coruña, Vigo e Madrid antes de volver aquà para contribuÃr a fundar o Teatro Galego, o noso teatro; e cadrar cos Alonso, Ãlvarez, Areoso, Braxe, Bárcena, Gómez, Guede, Heras, Lago, Lourenzo, Madeira, Manquiña, Martins, Medal, Redondo, Rivera, Taxes, Uriarte, Veira, Vidal, VillalaÃn... Apenas algúns dos moitos apelidos dunha longa nómina de piares aos que te xuntaches para construÃr este fantástico mundo teatral que hoxe habitamos. O noso edificio ten unha amálgama de estilos no deseño exterior, pero uns alicerces estruturais robustos, construÃdos coas rochas das mellores canteiras; da herculina, da compostelá, da ribadaviense, da ferrolá, da viguesa, da ourensá... Rochas puÃdas na itinerancia, no diálogo, na inquedanza... Asentadas na diversidade dos tempos, cementadas con proxectos comúns, construÃdas na loita diaria. Antonio, navegante intrépido! Tocaches todas as cordas, trazaches os mapas posibles, sucaches todos mares, teciches tapices vivos, tendiches pontes, subiches montañas para acadar as máis altas cotas do éxito ou para caer arrolos desde o cumio e ter que volver a empezar. Mentres haxa folgos todo é posible. E os proxectos chegaron se cadra convocados en aquelarres nocturnos, poida que entraran sen chamar en tempos de bonanza, se cadra foron froito da militancia, ou do compromiso... Si, tamén do compromiso! Do compromiso co público, coas autorÃas, coas profesionais, cos amadores, coa arte, contigo, connosco, co paÃs co teatro. Antonio amigo; Antonio actor; Antonio axudante de produción; deseñador gráfico, de espazos escénicos, de iluminación, de vestiario; Antonio director de escena, artÃstico, de produción; Antonio dramaturgo, pai, pintor, produtor, realizador de cine e televisión... Antonio mestre. Con tanta nómina semella que os do teatro podemos ser aprendices de todo e mestres de nada ou, se cadra, superheroes inhumanos que vimos doutros planetas. Nunca máis lonxe da realidade! Nen unha cousa nen a outra. A vitalidade, o voluntarismo, o humanismo e as artesanÃas da vida, Antonio, son, como ti ben sabes, inherentes ao feito teatral e necesarias sempre para crear espectáculos e tecer sinerxias entre nós. Quizás por iso, a familia do teatro é grande e está forxada con afectos duradeiros, definida con palabras intelixentes, construÃda con proxectos comúns e con traballos artesanais, artÃsticos e técnicos; feita con moito, moito labor e tamén con moito, moito cariño. O teatro, como a vida, faise a tempo completo, mesmo poida que traballemos mentres durmimos porque, aÃnda asÃ, seguimos soñando. Hoxe, querido Antonio, os soños fanse realidade con este merecido, caloroso, necesario e fermoso recoñecemento che ofrecemos neste espazo da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia que tamén axudaches a reconstruÃr aló cando, sen selo, actuabas como subdirector xeral de teatro. Só nos queda darche os parabéns e continuar pedindo longa vida para o teatro galego porque só asÃ, querido Antonio, as nosas vaguidades cumprido fin terán. Ribadavia 17 de Xullo de 2026. Francisco Oti RÃos
