07 / MAI / 2026

ENTREGA DO VIII PREMIO LAUDAMUCO PARA TEXTOS TEATRAIS DATA: Sábado, 16 de maio HORA: 18:00 h. LUGAR: Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura de Brión) María Peinado Casal é a autora do texto “Maseira”, recoñecido co VIII Premio Laudamuco, convocado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas. O galardón seralle entregado nun evento especial no que a autora será recoñecida. O premio está dotado con 7.000 euros e a publicación da obra por Edicións Positivas. A gañadora tamén recibirá un trofeo coa figura de "Laudamuco, señor de ningures", obra do artista plástico Xosé Vizoso.
