03 / MAI / 2026

Pensabamos no seu momento que o 2000 serÃa a porta do futuro tal e como nos profetizaba Kubrick na súa 2001, odisea no espazo, pero o futuro semella nunca chegar tal e como se profetiza. 25 anos despois desa barreira psicolóxica, o mundo encamÃñase a un futuro que, a dÃa de hoxe, ten que ver máis cos inicios do século XX que ao de dar voltas de vagar ao redor dunha nave espacial ao ritmo de Wagner. E o teatro? E sobre todo, o teatro galego? Que foi desta arte eterna neste primeiro cuarto de século? Este é o punto central destas xornadas: analizar e diseccionar cales foron os principais camiños, fitos, situacións e atrancos das nosas artes escénicas galegas no inicio deste novo milenio. Curiosamente o teatro, a arte do presente, ten unha moi forte fixación por aprender do pasado, do que fomos, do que somos e do que podemos chegar a ser, e ao mesmo tempo, produto e espello do seu presente. AsÃ, as artes escénicas galegas, complexas e relativamente novas, recollen a un tempo todos os conflitos da nosa sociedade, a diglosia cada vez máis profunda, os seus vaivéns históricos, a súa gran variedade na creación, a estraña relación/dependencia entre o público e o privado, o seu especial sentido do humor..., numerosos temas que irán saÃndo nestes encontros. Por iso foron diseñadas dende dúas perspectivas moi concretas: entre o diacronismo e o sincronismo. Dende un punto de vista diacrónico para poder entender cales foron os seus principais fitos da construción (ou destrución -xa veremos-), e sincrónico, porque queremos crear un punto de unión entre creadores e creadoras actuais, dende as máis novas que tomarán o relevo (e a responsabilidade) e aquelas artistas que xa teñen unha traxectoria máis consolidada para poder partillar as súas experiencias sobre o mesmo proceso da creación. E tamén atoparemos un oco para alegrarnos coa presentación do estudo das capitais senlleiras do teatro galego. Estas IV Xornadas propiciadas pola Academia Galega de Teatro no marco incomparable do Pazo de Mariñán son, dalgún xeito, unha illa para tomar aire, respirar conxuntamente e seguir na carreteira. Ãs veces parar, sentarse, escoitar e falar, é a mellor forma de resistir e continuar na loita. E que veñan 25 primaveiras máis!!! PROGRAMA DAS XORNADAS XOVES 14 DE MAIO 17꞉30 h꞉ Xunta Directiva da Academia Galega de Teatro 19꞉00 a 20꞉30 h꞉ Chegada dos participantes ao Pazo de Mariñán 20꞉30 h꞉ Cea no Pazo de Mariñán VENRES 15 DE MAIO 9꞉00 a 10꞉00 h꞉ Almorzo 10꞉00 h꞉ INAUGURACIÓN DAS XORNADAS Intervirán꞉ ‒ Miguel Pernas꞉ Presidente da Academia Galega de Teatro ‒ Natividade González꞉ Deputada de Cultura da Deputación da Coruña ‒ Jacobo Sutil꞉ Director da AGADIC 10꞉45 h꞉ ASPECTOS ORGANIZATIVOS DAS XORNADAS Xosé Manuel Rabón (Coordinador Técnico das Xornadas) 11꞉00 h꞉ 25 ANOS DAS ARTES ESCÉNICAS EN GALICIA NO SÉCULO XXI Participantes꞉ Manuel Xestoso e Roberto Pascual. Modera꞉ Inma López Silva 12꞉00 h꞉ Café de media mañá 12꞉30 h꞉ Intervención das/os asistentes e debate 13꞉30 h꞉ Remate 14꞉00 h꞉ Xantar no Pazo de Mariñán VENRES 15 DE MAIO 16꞉00 h꞉ UN DIÃLOGO INTERXERACIONAL ENTRE CREADORES/AS GALEGAS Participantes꞉ Ãnxeles Cuña, Cándido Pazó, Tito Asorey, Marta Alonso Tejada, Miguel Gendre e Constance Hurlé. Modera꞉ Xavier Castiñeira 18꞉00 h꞉ Pausa café de media tarde 18꞉30 h꞉ PERSPECTIVAS DE FUTURO PARA OS VINDEIROS 25 ANOS Participantes꞉ Xesús Ron e Daniel G. Salgado Modera꞉ Carlos Lorenzo 19꞉30 h꞉ Intervención das/os asistentes ao debate 20꞉30 h꞉ Cea no Pazo de Mariñán
