
Sara Rey
28 de septiembre de 1995 A Coruña
Sara Rey licénciase en Historia da Arte (USC) en 2017 e Dirección de Escena na ESAD de Galicia en 2022, e fai un Mestrado en Literatura, Cultura e Diversidade (UDC) en 2024. Dirixe Novecento con Ancoraxe, a súa compañía que monta co actor e músico Marcos Grandal. Dirixe tamén Iphixenia na porta do súper para Compañía Humana e Antonio e Cleopatra dentro de Shakespeare en Roma para o Centro Dramático Galego. É axudante de dirección de Tito Asorey en A lúa vai encuberta (Incendiaria e A Quinta do Cuadrante) e en Recortes, caneos e outras formas de driblar (Centro Dramático Galego e Ainé). Fai a produción do documental Memoria do teatro galegopara o Consello da Cultura Galega e axudantía de produción na MIT de Ribadavia en 2020 e 2021. Actualmente dirixe e imparte o obradoiro de formación continuada na Aula de Teatro Universitaria da Coruña. En 2021 gaña o II Certame de Microteatro da Memoria con A patente do sol.