VIII PREMIO LAUDAMUCO PARA TEXTOS TEATRAIS

27 / MAR / 2026

Volver atrás



VIII PREMIO LAUDAMUCO PARA TEXTOS TEATRAIS

María Peinado Casal é a autora do texto “Maseiraâ€, recoñecido co VIII Premio Laudamuco, convocado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas. O xurado, formado por Ãnxeles Cuña, Cristina Domínguez, María Torres, Roberto Pascual e Manuel Xestoso, salientou na súa acta “a frescura e orixinalidade da obraâ€, así como “o uso dun humor tendente ao absurdo, que define un estilo propio e envolventeâ€. Ademais, destacou “o seu carácter antibelicista, tratado dunha maneira non dogmática, que permite unha lectura crítica e abertaâ€. O premio está dotado con 7.000 euros e a publicación da obra por Edicións Positivas. A gañadora tamén recibirá un trofeo coa figura de "Laudamuco, señor de ningures", obra do artista plástico Xosé Vizoso. A entrega celebrarase o vindeiro 16 de maio na Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura) en Brión.

https://www.concellodebrion.gal/gl/novas/maria-peinado-faise-co-viii-premio-laudamuco-para-textos-teatrais?fbclid=IwdGRzaAQzZMVjbGNrBDNkYGV4dG4DYWVtAjExAHNydGMGYXBwX2lkDDM1MDY4NTUzMTcyOAABHt1higcSXMQgfElN0YMjy1JyDEG4i6g1EEbJBpBRhPuRUB_l1tCwZxQGgWyi_aem_B3J2rMdbCUG-xITknvy6EQ&sfnsn=scwspwa

Volver atrás



Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Podes personalizar a túa experiencia aquí. Se queres saber máis, le a nosa Política de Cookies

Nesta xanela podes configurar as cookies que queres aceptar. Lembra que en todo momento, podes acceder á nosa Política de Cookies