
Miguel Gendre
01 de outubro de 1988 Ames
Santiago de Compostela, 1988.
Actor, bailarín e mediador cultural, fórmase nas aulas de teatro e danza da USC con profesionais coma
Amparo Novas e Roberto Salgueiro. Foi bailarín en Cantigas e Agarimos durante catorce anos.
Continúa a súa formación con diferentes creadores: Lali Ayguadé, Lucas Condró, Ana Vallés, La Macana,
Jesús Rubio Gamo, Sonia Gómez, Ariadna Monfort, Vicente Fuentes, Iaroslav Bielski, Paula Quintas, Marta
Pazos, etc. Participa en producións escénicas de Corpo(a)Terra, Ponto Teatro, GN Teatro, Centro
Dramático Galego e baila para proxectos de moda (GV e Adolfo Dominguez). En 2023 participa no
proceso de creación de BERRO, a última peza de Nova Galega de Danza baixo a dirección artística de
Sharon Fridman.
No audiovisual participa en Marilyn (en posprodución), protagoniza dúas curtametraxes, de Ghaleb Jaber
e Jorge Guimerá, ademais de colaborar en videoclips de Tanxugueiras, A Banda da Loba, Davide Salvado,
Som do Galpom ou Gaëllo.
En produción e fotografía traballa para: Festival Corpo(a)Terra, HerDanza, USCénica, Camiño Escena
Norte, Cara unha Escena Plural e SoloDos en Danza.
En 2024 forma parte do elenco dos Actos e as Profecías, do Centro Dramático Galego, foi seleccionado
co proxecto “Vesperi Lux” para as residencias artísticas “Atopémonos Bailando”, ademáis de traballar no
primeiro espectáculo da súa propia compañía: TROMSØ, de morraoconto. (Estrea 2025).